▼
xoves, 31 de outubro de 2013
mércores, 30 de outubro de 2013
luns, 28 de outubro de 2013
sábado, 26 de outubro de 2013
xoves, 24 de outubro de 2013
Non se sabe quen é...
"O xardín ten unha fonte singular: contra da beira murada do norte pingan dunha bóveda en seixos pingueiras sobre o paraugas dun home de cimento, comesto de laicos liques, que non se sabe quen é."
A. Angueira. Pensa nao.
martes, 22 de outubro de 2013
Rosario das Antorchas
Cada ano, na medianoite do 7 ó 8 de setembro, congrégase unha multitude na explanada do Santuario da Nosa Señora dos Milagres (Baños de Molgas-Ourense) para celebrar o Rosario das Antorchas. Ó tempo, e durante toda a madrugada, centos de grupos de peregrinos a pé percorren na escuridade as estradiñas secundarias que converxen no lugar para acodir a festa do día grande.
domingo, 20 de outubro de 2013
xoves, 17 de outubro de 2013
domingo, 13 de outubro de 2013
venres, 11 de outubro de 2013
xoves, 10 de outubro de 2013
Ó leme...
Que non sabía eu que Parada tiña club de fans, que se non xa vos tiña publicado eu antes esta foto del ó leme da Pesa de Rabo.
mércores, 9 de outubro de 2013
Parada
Din os da Arousa que a pasada foi a Fin de Semana dos Parada. Así que para darlle os meus parabéns aquí vos deixo unha foto de Parada da Arousa, que foi o meu patrón na miña primeira "singradura" na Pesa de Rabo, unha dorna de tope ben mariñeira por certo. Saúde.
Parada na pasada ofrenda a Rosalía da ENT Dorna en Padrón.
PD.- Se iso xa llo comentades vós que el seica é un home des-comunicado.
|
luns, 7 de outubro de 2013
venres, 4 de outubro de 2013
Noite de lúa en Manselle.
A de mañá é unha das noites máis sobranceiras do ano en Manselle. Están todos convidados a gozala. Máis info en www.festivalo.gl