O Doutófono: os grandes gostan de gravar en Compostela (I)
Así é. Algúns dos mellores músicos do mundo escollen Compostela para gravar algunhas das mellores versións. Por exemplo Mark Minkowski, un vello coñecido deste blog pola súa versión do Rondeau des Indes Galantes de Rameau. Pois este direcctor francés e a discográfica Naïve elexiron San Domingos de Bonaval para gravar unha versión histórica da monumental Misa en Si menor de J.S. Bach cos Musiciens du Louvre Grenoble. Aconteceu durante o festival Vía Stellae e hai documento gráfico que aquí lles deixo.
E non son os únicos. Máis o vindeiro venres neste blog.
Ningún comentario:
Publicar un comentario